... ...

30 abril 2011

XI Fira Màgica de Santa Susanna (proyecto 11+11 22 Arcanos)

XI edición da Fira Màgica de Santa Susanna (Catalunya), obra que envío e mostro gratitude a súa invitación. O poema visual complétase co texto.

26 abril 2011

Imaxe do taller "Pingas (gravado)"

No transcurso da exposición traballamos e interactuamos na exposición.  
(Foto: Paz Vicente)

07 abril 2011

Imaxes da exposición "Pingas (gravado)"

Imaxe de "Pingas gravado" inaugurada o día 6 de abril en Santiago

Foto de Iolanda Aldrei (grazas por teu recital poético).
Na fotografía con Guadalupe Rodríguez Silva, concelleira de Participación Cidadá fai a presentación, e no fondo "mural" unha das obras.
Grazas a todos por vir.

Publicado "PINGAS (gravado)"



Simultaneamente coa exposición, presentouse o catálogo que incluie os textos de Iria Barreiro García

"Tánxer" na Asociación Alexándre Bóveda (A Coruña)


Con Rubén Fenice  ("alma" do Taller Milpedras) e Roberto Catoira (presidente da AC Alexandre Bóveda). 

Exposición Milpedras en Colaboracion Alexandre Bóbeda: "Tánxer" de Manoel Bonabal


A Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Olmos, 16-18, 1º Tlf. 981 200 869 15003 A Coruña) informa que o vindeiro xoves 7 de abril en colaboración co Taller de gravado e galeria Milpedras, terá lugar a inauguración dunha exposición de gravado a cargo de Manoel Bonabal.
A inauguración será ás 20:30 h, no salón de actos da asociación.
A exposición permanecerá aberta até o 30 de abril.