... ...

28 xuño 2009

Inauguración venres 3 xullo A Coruña

Meus: o venres 3 de xullo encantaríame que viñérades a inauguración da miña exposición (nesta ocasión a escultura como protagonista).




ás 20,30 horas Trav. del Orzán, s/n A CORUÑA A Coruña
Teófila Noemí Ruiz realizará a súa performance “13 e + maneiras de mirar unha pinga” que presentará a exposición.
Máis información http://www.pingasii.tk/

11 xuño 2009

CGAC poesía visual

xa entreguei meus dous poemas visuáis que realicei no taller de Clemente Padin para ser expostos cos de todos os compañeiros no Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago).
ABERTA A EXPOSICIÓN: do 20 de xuño ó 2 de agosto 2009

10 xuño 2009

Comenzou o taller de Mail Art

Con dezasete persoas inscritas, comencei o taller de Mail Art na biblioteca Ánxel Casal (Xoán XXIII), onde tamén está exposta a convocatoria Un libro -Unha viaxe.

Logo de soltarlle o ladrillazo da parte teórica, comenzamos a traballar nunha carta con materiais reciclados, que mañán esperamos mandar no correo.
Tamén nos ten confirmada súa asistencia nosa invitada Inma Doval, artistapostal, gravadora e amiga, que nos contará súa convocatoria "Radiografía do Medo" (Universidade da Coruña).

02 xuño 2009

Vai ser o CINCO, o venres.
















Xa decía eu por algo... (LCA mediante)... SERÁ O VENRES DÍA 5.
A quenes enviei por correo a invitación, o Colexio mandará mañan esta nota de desculpas (que fago miña).
ÉSO: INAUGURACIÓN 5 DE XUÑO ÁS 20 HORAS Coléxio de Arquitectos de Galicia (Santiago de Compostela. Praza da Quintana 3)
Do 4 de xuñó ó 4 de xullo 2009

Fixen amigos na exposición de mail art

Nesta semán uns amigos de ASPAS (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual) pedíronme que lles explicara o contido da exposición de arte postal. E logo da visita fixemos esta fotografía de lembranza. Eu paseino moi ben e quedamos en volver a vernos no meu taller máis adiante.

Estades invitados














No Coléxio de Arquitectos de Galicia (Santiago de Compostela. Praza da Quintana 3) o día 4 de xuño (LCA mediante), ás 20 horas inauguraremos miña exposición.
Do 4 de xuñó ó 4 de xullo 2009
CORREXIDO, VAI SER O 5 DE XUÑO nota arriba

01 xuño 2009

Este ano decidín non participa na "Operación Frechazo" Considerei incompatíbel miña condición de vocal de LCA coa de "concursante". Á vista da inclusión na tarxeta (por erro non se me comunicou), pedín que calqueira posíbel voto non computase.